A Sociedad Cooperativa Condado-Paradanta é unha cooperativa agraria de recente creación froito dunha idea colectiva, do desexo de comercializar dous produtos da nosa comarca, tradicionais ao mesmo tempo que deliciosos, “Queixo das Neves” e “Mel Condado-Paradanta” dos nosos montes, que ata entón, aínda que amplamente coñecidos eran de escasa e heteroxénea produción.

A nosa actividade céntrase basicamente na elaboración do queixo popularmente coñecido como “Requesón das Neves” e a extracción e envasado do mel.

Futuro da Cooperativa.

O noso proxecto naceu dunha inquietude colectiva, como se dixo anteriormente, e esa é a motivación principal para seguir desenvolvendo este proxecto, que non é outro que a participación na mellora das condicións e nivel de vida dos habitantes das Neves, a través do aproveitamento dos recursos endóxenos.

Filosofía da Empresa. A Calidade.

En definitiva como conclusión ao dito ata aquí, a filosofía desta empresa é a procura da calidade dentro dun proceso de mellora continua, a través dunha estratexia de diferenciación do produto, en base á súa caracterización, é dicir, por ser un produto natural (non contén estabilizantes nin conservantes), artesanal (a maior parte dos procesos son manuais), tradicional (produtos elaborados desde tempos inmemoriais) e saudables (o seu consumo é beneficioso para a saúde, o Requesón das Neves en concreto é bo para as dietas de hipertensos porque non contén sal).

O noso mercado actual é o galego, os consumidores dos nosos produtos sono na súa maioría, facémolos partícipes da recuperación dos nosos produtos tradicionais, que ao mesmo tempo son sans, naturais e artesáns.
 
Galician (Galego)French (Fr)Español (Spañol formal Internacional)English (United Kingdom)

SocialSocialSocial

8.jpg
¿Quién está en línea?
Temos 5 convidados en liña
Fotos Entorno